miércoles, 27 de febrero de 2008


Partidos do Cire para este fin de semana:
Sábado 1 de Marzo:
INFANTÍS: Ás 10.30 h. no Campo Municipal de Melide: CIRE Melide-E.D.A. Arzúa
Derby de rivalidade onde o Cire Ttentara gañr despois da derrota que lle imprimiran os arzuáns na Castañeda no partido da primeira volta. A este partido o Cire chega séptimo a un punto do sexto que neste caso é o propio Arzúa.
Impresionante a campaña que estan facendo os rapaces de Rubén Lodeiro, novo na categoría, con moitos infantís de primeiro ano, moitos alevíns e coas baixas dos infantís que pasaron a cadetes. Noraboa e a gañar¡¡¡
VETERANOS: Ás 16.30 h. no Campo Municipal de Melide: CIRE Melide-COMERCIAL SANTÁS , os veteranos tentarán resarcirse na casa do empate da semán pasada no campo de Hierros Diego, despois de ir gañando 0-3.
Domingo, 2 de Marzo:
CADETES: Ás 10.30 h. tamén no Campo Municipal de Melide: CIRE Melide-Dorneda. Os cadetes chegan a este partido despois de gañar o domingo pasado á Unión Campestre, polo contundente resultado de 1-10. O rival en teoría é asequible aínda que ven de gañarlle 1-0 ó Arteixo.
SENIORS: Ás 16.30 h. no Campo Municipal de Melide, o partido estrela da xornada é o CIRE Melide-Boimorto C.F, os dous equipos veñen de empatar os seus encontros, son o segundo e o terceiro clasificados na táboa respectivamente. O Cire aventaxa os boimortenses en cinco puntos cun partido menos. Agardemos que haxa unha boa entrada para animar os dous equipos en boa lid e que os puntos queden na casa.
FORZA C.I.R.E¡¡¡¡

No hay comentarios: