miércoles, 27 de febrero de 2008


Partidos do Cire para este fin de semana:
Sábado 1 de Marzo:
INFANTÍS: Ás 10.30 h. no Campo Municipal de Melide: CIRE Melide-E.D.A. Arzúa
Derby de rivalidade onde o Cire Ttentara gañr despois da derrota que lle imprimiran os arzuáns na Castañeda no partido da primeira volta. A este partido o Cire chega séptimo a un punto do sexto que neste caso é o propio Arzúa.
Impresionante a campaña que estan facendo os rapaces de Rubén Lodeiro, novo na categoría, con moitos infantís de primeiro ano, moitos alevíns e coas baixas dos infantís que pasaron a cadetes. Noraboa e a gañar¡¡¡
VETERANOS: Ás 16.30 h. no Campo Municipal de Melide: CIRE Melide-COMERCIAL SANTÁS , os veteranos tentarán resarcirse na casa do empate da semán pasada no campo de Hierros Diego, despois de ir gañando 0-3.
Domingo, 2 de Marzo:
CADETES: Ás 10.30 h. tamén no Campo Municipal de Melide: CIRE Melide-Dorneda. Os cadetes chegan a este partido despois de gañar o domingo pasado á Unión Campestre, polo contundente resultado de 1-10. O rival en teoría é asequible aínda que ven de gañarlle 1-0 ó Arteixo.
SENIORS: Ás 16.30 h. no Campo Municipal de Melide, o partido estrela da xornada é o CIRE Melide-Boimorto C.F, os dous equipos veñen de empatar os seus encontros, son o segundo e o terceiro clasificados na táboa respectivamente. O Cire aventaxa os boimortenses en cinco puntos cun partido menos. Agardemos que haxa unha boa entrada para animar os dous equipos en boa lid e que os puntos queden na casa.
FORZA C.I.R.E¡¡¡¡

Clasificación Seniors e Veteranos 26-2-08


DxT. 26-2-2008

Clasificacións Canteira 26-2-2008

lunes, 25 de febrero de 2008


Cuando el balón no quiere entrar.....
Onte domingo o Cire plasmou un gran partido sobor da area do campo do Perillo na urbanización Icaria de Oleiros, pero as deusas da fortuna non estiveron con nos. O Cire fixo un encontro moi serio e saíu polo partido dende o primeiro minuto, non tardarían en chegar as ocasións de Miki, Jechu e Mark entre outros, pero a mala sorte, o porteiro rival (fixo un partidazo) e o longueiro impediron que sumasemos algún tanto. Na segunda metade tamén gozamos de boas oportunidades, dende un rexeite dun defensa perillán dende a mesma liña de meta ata un penal que errou Jechu. O Atlético Perillo gozou da súa ocasión mais clara cando dispuxo dunha pena máxima despois de que o sol lle xogase unha mala pasada a Charly.
Ó final reparto de puntos e a Ponte amplia a cinco a súa ventaxa. Para a semana visita Melide o terceiro clasificado, o Boimorto, o cal lle levamos cinco puntos e temos un partido menos.
O Cire é o equipo menos goleado da categoría (ex-equo coa PonteCarreira), e no que vai de segunda volta só encaixou un tanto. Ánimo rapaces que aínda queda moita liga¡¡¡¡
A alineación foi: Perilla, Luigi, Suso, Charly, Chiqui, Tarrío, Mateo, Fernando, Miki, Jechu e Marck. Saíron na segunda parte: Nacho Pistón e Miguito.
Os xuvenís, moi mermados polas baixas, sucumbiron no feudo do Pastoriza.
Os cadetes golearon o domingo pola mañán á Unión Campestre de Montrove.
Os infantís non poideron traer nada do difícil e grane de dimensións, campo do Arteixo.
E os veteranos empataron a tres tantos, despois de ir gañando 0-3 ós dez minutos de encontro, aínda así seguen en postos de ascenso xa que pincharon os seus perseguidores.
As pegatas do Cire atopanse en calquera sitio, dende portas de bares e comercios, máquinas de tabaco, carpetas escolares, máquinas rexistradoras, portas de tractores, escotes femininos, maleteros dos coches ás horquillas das motos, é a CIREMANÍA:
+ HISTORIA.

Agosto de 1988. Final do Trofeo San Roque.
Arriba de esquerda a dereita: Sando, Albino Junior, Edelmiro, A.García, Jesús Carlos, Pepe do 13, Albino Senior, Benito, Arzúan, Tarazona, Pillado, Arturo (porteiro), Mouriño e Pepe Estilo.
Abaixo de esquerda a dereita: Carlos (de vermello, actual xogador do Toques), Coque Portos, Benito, Gallito, Fernando de Orois, Roca, Choco e Paulos.
Mais abaixo: Mon, Alfonso García, Miliski, Busi, Manolito Quillo, Nanitas, Alfonso "Garrincha" e Pucha.
Camiseta "Meyba" de finais dos oitenta, marca que vestía daquela entre outros ó Barça e o Betis.
Publicidade: Mataderos Albino.
Esta é unha das fotos que se sacaron á tempada pasada, 2006-2007 do equipo senior, desta volta co equipaxe Austral coa pulbiciade da Cervexería Pinocho, que habitualmente visten os xuvenís.

Arriba e de esquerda a dereita: Alberto, Garea, Luis Eugenio (adestrador), Óscar, Santi Quintás, Jechu, Suso Pampín, Luigi, Pájaro, Jesús Carlos (presidente), Perilla e Juan (directivo).
Abaixo: Diego, Pucha (directivo), Tarrío, Nacho, Julio, Pucha, Peke, Miguito e Juan.

lunes, 11 de febrero de 2008


Arriba; Luigi, Perilla,Tarrío(capitán),Miki, Charly e Pájaro.
Abaixo: Fernando, Peque,Mateo, Jechu e Chiqui.
10/2/2008. VILARMAIOR-CIRE. 0-2.
Partido moi duro no que o Cire saíu moi concentrado no que tiña que facer,ós vinte minutos a fé nun balón solto que buscou Peque deixoulle o balón morto a Jechu na área que rematou o balón de xeito mordido e batiu o porteiro local.
Na segunda metade veu un momento desgraciado cando Peque loitando por outro balón na área vilarmaioresa desequilibrouse e caeulle o porterio enriba do xeonllo, ten un forte golpe, non ten nada roto, pero precisa reposo. Foi sustituido por Nacho Pistón que cuallou unha grande actuación e foi el quen levou a tranquilidade o marcador o anotar o segundo despois dunha gran xogada individual na área. Gran partido de todo o EQUIPO que loitou con corazón e con cabeza e que non escatimou esforzos a pesares das doenzas varias de algúns xogadores. A semana que vén visitanos o Encrobas nun partido no que teremos bastantes baixas.
Números:
Estamos a tres puntos da Ponte e levamoslle cinco ó Boimorto, só encaixamos un gol no que vai de segunda volta e metimos once. Gañamos tres partidos consecutivos fóra por 0-2 (Toques, Poulo e Vilarmaior). Jechu xa leva 17 goles.... e o que queda¡¡¡
Foto do partido:

O vestiario no descanso.

Arriba de esquerda a dereita: Luigi, Suso Pampín, Mateo, Miki e Miky.
Abaixo: Fernando, Peque, Jechu, Tarrío, Nacho e Chiqui.
Seniors: CIRE-VIZOÑO. 5-0. 3/2/2008.
Gran partido do Cire, sobre todo na segunda metade. Goleadores: Jechu, Peque, Mateo, Pájaro e Miki. Destacar o debut do porteiro xuvenil, Miky, non tivo moito traballo pero cando o tivo actuou perfectamente. Outro debutante cos maiores foi Fernando, que saiu cando o equipo gañaba por 2-0, deu un gol e tivo unha boa ocasión, non deufradou os que ven nel a un gran xogador de futuro.

Mato dando instruccións a Fernando pouco antes de saíres.
UN POUCO DE HISTORIA
Aquí estamos de novo, disculpas pola tardanza, mes e medio. O Nadal, o antroido e a operación de menisco de Victor Castro, xornalista que fai as crónicas no xornal DxT-Campión foron algún dos motivos, pero bueno ó que vamos.
Estas imaxes están tomadas da camiseta do Cire de principos dos noventa, da marca galega Zico, era igual que a segunda camiseta que tiña daquela ó Compostela, salvo que a nosa era azul e a segunda do Compos era vermella. Non sei quen foi o artista que fixo o "escudo" para esta elástica pero non se parou moito e non respectou o histórico. De escudos haberá que falar un día con calma.