jueves, 18 de diciembre de 2008


Un gran equipo, aló mediados os anos noventa, o Cire federase na categoría de Cadetes xuntando un bo plantel adestrado primeiro, polo sempre querido, Javier Pampín "Way" e despois por Paco do Marta.
Na foto de esquerda a dereita: Masi, Chiqui, Popas, Mario, Paco (adestrador), Capi, Javi, Miki e Sesar.
Abaixo: Juán Orois, Ruchi, Gabito Del Piero, José Costoya, Cachitas, Tarrío, Mika e Manolo Blanco.
No primeiro ano, subcampións cadetes, no seguinte campións cadetes, no seguinte subcampións xuvenís.... etc etc.
PD: Nesta foto faltan moitos xogadores daquel tempo: Julián, Foca, Zalito, Pavero, Riki, Fidel, Cebolo, Batería, Ramoncito, Chucho, Canijo, Cordido etc

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Victoria na "Porta Santa"

Este pasado domingo o Cire de Modestos viaxaba ó difícil feudo do Paiosaco, é demostrou que é un equipo que se medrou diante da adversidade.
Só viaxaron 13 xogadores, entre eles os dous porteiros e o xuvenil Borja Pérez.
Ós poucos minutos de xogo Popitas adiantaba ós azuis cruzándolle o balón ó porteiro local despois dun bon pase de Jechu. Ó Cire comportouse en todo momento como un equipo e aguantou, unhas veces con mais apuros que outras, as acometidas do Peisaco.
Bon traballo dos centrais inapelables no xogo aéreo e de Carlos Sesar que tivo grandes intervencións na portería na primeira metade.
No segundo tempo o Cire poido matar á contra en varias ocasións pero o gol da tranquilidade non daba chegado, e o Paiosaco seguía atacando e provocando córners, nesta segunda parte Perilla sacou un par de balóns imposibles, provocando a admiración dos rapaces que estaban detrás da portería do Cire.
Á postre, tres puntos moi importantes a domicilio perante un rival que ocupa a parte noble da táboa.
Destacar o esforzo dos trece xogadores que viaxaron e que o deron todo no campo e tamén por suposto á afición incansable que sempre nos acompaña.
Como nota negativa a lesión de Popitas que o vai ter apartado dos terreos alomenos esta semana.
Este domingo, ás 16.30 h. visita o Municipal de Melide o quinto clasificado, o Carral.
Cos resultados desta xornada a parte baixa da táboa aprétase cada vez mais,
10º: Betanzos .- 17 puntos.
11º: Portazgo .- 15 puntos (dous partidos menos)
12º: Marino .- 14 puntos
13º: Arzúa .- 14 puntos
14º: Queixas .- 14 puntos
15º: Brexo Lema.- 14 puntos
16º: PonteCarreira 13 puntos
17º: Silva 12 puntos (un partido menos)
18ª: Cire Melide 11 puntos

Ánimo rapaces seguide traballando que podedes, YES WE CAN ¡¡¡¡
No resto das categorías, Infantís e Benxamíns perdían, Xuvenís gañaban 4-1 ó Obrero de Oleiros (Ribadulla e Hatt-Trick de Borja Casal). Noraboa ¡¡¡

viernes, 5 de diciembre de 2008

CLASIFICACIÓNS, FÚTBOL BASE.

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Non poido ser, ó pasado domingo o Marino de Mera sen facer nada doutro "xoves" levóuse os tres puntos do Municipal de Melide ó gañar 0-2. Non foi a mellor tarde do cadro local que creou pouco perigo ante á portería visitante. Aínda así outro "autogol" melidense (e xa van demasiados) puxo ó conxunto meracho por riba no electrónico, o segundo viría despois de que os de Mera arpoveitaran un rexeite dun disparo raso que non foi quén de deter o gardaredes Perilla. Está claro que despois de tres meses de competición ó Cire aínda non se adaptou á categoría.
Hai que continuar loitando, erguerse, coller folgos e ánimo que aínda queda moita moita liga e estamos a dous partidos gañados de saír dos postos de descenso, este domingo o equipo xoga contra ó Paiosaco, no seu feudo, "A Porta Santa".
Forza rapaces a gañar, hai que seguir pelexando con orgullo melidán¡¡¡
Ó resto da xornada seguiu a tónica de malos resultados e tan só os xuvenís foron quén de sacar algo positivo no campo do Larín ó empatar (2-2).
Resultados:
BENXAMÍNS: U.D Xuvenil de Almeiras 4 – 0 Cire 0
INFANTÍS: Betanzos 13 – 1 Cire
CADETES Cire-Portazgo (aprazado por neve)
XUVENÍS: Larin 2 – 2 Cire
SENIORS: Cire 0-Marino 2
VETERANOS: Cire 2 – 3 C. Marquez
Entrevista a Luis Eugenio Mato, adestrador do Cire no xornal herculino Dépor Sport.

O Depor Sport do pasado venres 28 de novembro fai as mesmas preguntas ós técnicos do Silva, Pontecarreira, Cire e Marino, equipos que ocupaban os postos de descenso da Segunda Autonómica Grupo 1.

viernes, 28 de noviembre de 2008

CLASIFICACIÓNS

Seniors, Xuvenís, Cadetes, Infantís, Benxamíns e Veteranos, pica enriba para ampliar.

miércoles, 26 de noviembre de 2008


Non poido ser, despois do empate a douses contra o Queixas, o Cire non foi quen de gañar en Larín (Arteixo) e caía 3 a 1.
Adiantábanse os locais ós poucos minutos de xogo nun córner, barullo na área e Cristian aproveitao. A partir de ahí o Cire empeza a dominar o encontro con ocasións que non materializa, así se chegou ó descanso.
Na reanudación, Ramón Camiño avisa cun disparo ó traveseiro, á segunda foi a vencida e conseguía o empate a un. Quedaba media hora de xogo, o Larin soubo xogar (de novo) mellor eses minutos e levouse o partido, 3-1.
Somos os pechacancelas da clasificación empatados a puntos, precisamente, co rival que nos visita este domingo, o Marino de Mera.
Hai que levantar ó ánimo para conseguir estes tres puntos, dende logo vitais.
FORZA RAPACES QUE VOS PODEDES ¡¡¡¡
Ó resto da xornada non foi moito mellor, tan só os veteranos conseguiron a victoria.
Cire Benxamín 0 – 4 Marino de Mera.
Cire Infantil 2 – 5 Olímpico de Rutis.
Arzúa 5 – 3 Cire Cadete
Cire Xuvenil – Descansou.
Trazo 2 – 3 Cire Veteranos.
O mesmo para o resto das categorías, ánimo rapaces hai que seguir loitando ¡¡¡


CADETES O DOMINGO EN ARZÚA.

viernes, 21 de noviembre de 2008

Partidos para esta fin de semana:
SABADO 22/11/2008:
CIRE INFANTIL - OLIMPICO - 10:30 - Municipal de Melide
CIRE BENXAMIN - MARINO - 12:00 - Municipal de Melide

TRAZO - CIRE VETERANOS - 18:00 - TRAZO
DOMINGO 23/11/2008
ARZUA - CIRE CADETE - 10:30 - ARZÚA
LARIN - CIRE SENIORS - 16 :15 - LARIN (ARTEIXO)

Dende este blog e dende a familia do clube Cire de Melide ó igual que o o blog do CSD Arzúaquerémoslle mandar unha forte e cariñosa aperta nestes difícis momentos e darlle o mais sentido pésame ó noso xogador da primeira plantilla Luis Rúa, "Peke" e a toda a súa familia. Ánimo Peke, o domingo dedicarémosche a victoria.

jueves, 20 de noviembre de 2008


Clasificacións

viernes, 14 de noviembre de 2008


Clasificacións dos Xuvenís, Infantís e Benxamíns.

O pasado sábado no campo da universidade de Elviña, o Sporting Universidade foi moi superior ós nosos seniors. Destacaron no equipo herculino os xogadores con relación con Melide, Bam-Bam e Jesús Puga "Chechu"(primo dos xogadores do primeiro plantel Miki e Carlos Sesar).
Peque xa lles amenazou en pleno partido con "cortarlles a fronteira" nos Condes pero tan só lle sacou un sorriso a Chechu, un mediocampista impresionante.
Chechu militou os últimos anos en Primeira Rexional, no Orillamar e a verdade é que se nota. Vaia portento¡¡¡
Bam-Bam (ou Bambi) foi o encargado de abrir a lata e fixoo de maneira espectacular ó levarse a medio equipo melidense e sacar dende a frontal un tiro axustadiño o pau esquerdo da meta de Perilla.
Gran equipo o da Universidade que de manter a estes xogadores e claro candidato ó ascenso que case acadan o ano pasado e que se levou o Mesón do Bento.
Noraboa a estes dous xogadores con raíces en Melide.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Reportaxe que lle adicaron o noso clube, o C.F. Cire de Melide, no xornal deportivo herculino, DéporSport o pasado xoves 6 de novembro de 2008.

martes, 11 de noviembre de 2008

Non foi dos mellores fin de semana, o da pasada xornada. O sábado perdían na casa os Infantís, que debutaban, 1-5 contra o Portazgo, e os Benxamíns, no seu primeiro ano como federados, facían o mesmo por 1-9 diante do Raio Sadense. Pola tarde, no campo do Carrizo, os xuvenís non daban traído nada positivo o caer por 2-1 diante do Portazgo. A mesma hora no estadio universitario de Elviña, o Cire senior -despois da goelada ó PonteCarreira- atopouse diante dun dos mellores equipos da categoría, o Sporting Universidade que gañaba o partido claramente por un 5-0.
Salvaron a honra do Cire esta xornada os Veteranos ó vencer a domicilio ó Stradivarius Brión por 1-3, goles de Miguelito, Elier e Neira.
Partidos para esta fin de semana :
Benxamíns: Atlético Arteixo - Cire Melide.
Infantís: Órdenes - Cire Melide. Sábado ás 10.30 h. en Vista Alegre (Órdes):
Xuvenís: Cire Melide - Once Caballeros. Sábado ás 16.15 no Municipal de Melide.
Seniors: Cire Melide - S.C.R.D O Burgo. Domingo ás 16.15 no Municipal de Melide.
Veteranos: H.Verde Vila de Cruces - Cire Melide. Sábado ás 18.15 no Muncipal do Viso en Arzúa.

sábado, 8 de noviembre de 2008

INFANTÍS
De esquerda a dereita, de pé: Rubén Lodeiro(adestrador), Tomás, Pucha, Dani, Naco, Brais "Sabito", Javi "Chavello" e Antonio.
Anicados: Emilio, Cristian, Raúl, Dani Rubio, Yago, Cristian, Andrés e Óscar.
Compiten na Primeira Autonómica Grupo 2, xogarán contra o Atlético Arteixo, Atlético San Pedro, Marino de Mera, Laracha, Sp.Cambre, EDA Arzúa, Portazog S.D, Betanzos e Órdes.

jueves, 30 de octubre de 2008



Mala xornada a pasada para o Cire. Tan só os xuvenís, no primeiro partido da tempada, conseguín a victoria en terras de Cambre. A falta dunha crónica dicir entre outros datos, que Miki detivo un penalti e que o gol foi obra de Borja Casal.
Xogan este sábado ás 12 da mañá contra o Dorneda en Melide.
Os benxamíns perdían contra o Ordes na casa por un 4 a 6.
Os veteranos caían tamén no municipal melidense por un claro 0-2 co Cercio e os Seniors saían derrotados da súa visita a terras herculinas despois de enfrontarse ó Silva. A ver se temos mais sorte esta fin de semana¡¡¡ FORZA CIRE¡¡¡¡

jueves, 23 de octubre de 2008





Despois dunha mala xornada a fin de semana pasada onde só houbo de positivo o punto que trouxeron os Veteranos do campo da Finsa de Santiago, o CF Cire de Melide afronta esta fin de semana, a última de outubro, coa ilusión de mellorar e competir mellor do que o fixo ata o de agora, ÁNIMO RAPACES¡¡¡
Os xuvenís debutan hoxe no campo do Cambre en partido adiantado da 2ª Autonómica Grupo II, os benxamíns de fútbol sete xogarán o sábado ás 11.30 h en Melide fornte ó Ordes no segundo partido que disputan como federados, os veteranos coa ausencia destacada de COEGO (te queremos) que vai ter que pasar polo quirófano (brevemente) para operar unha pequena hernia (e aínda por riba enganounos a todos dicindo que era de Bilbao) reciben en Melide o sábado ás 17.45 ó Kubos-Cercio e para rematar a xornada o domingo ás seis da tarde no campo da Grela II na Coruña, o Cire de modestos visita o cuadro do Ventorrillo, a Silva, un posto por riba noso con seis puntos, A GAÑAR RAPACES E FORZA CIRE ¡'¡'¡¡

lunes, 13 de octubre de 2008


Mal fin de semana.
Xa comezaba mal o venres, xa que en partido amigable contra o C.C.D Curtis en Melide, os nosos xuvenís caían por 1-2.
O sábado era o turno dos Veteranos que viñan de gañar fora co Bergantiños e tocáballes xogar perante os Veteranos do Compostela, invictos na competición.
O resultado foi 0-3, engañoso a todas luces. Na primeira metade o único erro defensivo do equipo pagouse caro e foi aproveitado polos composteláns para abrir o marcador.
Balón longo á espalda da defensa, a zaga melidá reclama fóra de xogo, Conde (o sábado ocupando a portería) sae a por todas, non é quen de rabuñarlle a bola o dianterio branquiazul e este caseque a portería baleira marca, mazazo para o Cire, que estaba dominando pero non atopa a profundidade no seu xogo.
Á volta do descanso o Cire saíu a polo partido, cecais con demasiada ansia e con moita presa, o Compostela mantívose ben colocado e non pasou excesivos apuros, noutra xogada parva chegaba o 0-2 e xa co Cire volcado na área visitante veu o 0-3 nunha xogada individual dos foráneos.
A alineación de Carril foi a seguinte: Conde, Rallas, Benito , Rubén, Cea, Neira, Cuchi, Quillo, Madrileño, Ramoncito, e Emilio, tamén xogaron Elier, Carlos, Coego, Armando, Riki, Carlos Cristal, Cachitas, Marcial, Capi, Pinchi e Miguelito. Faltaban: José, Sito, Silva, Masi, Pezobre e Alberto. Para a semana partido contra o FINSA.
O domingo os Seniors viaxaban a terras de Culleredo para enfrontarse á relevación, ata o momento, na 2ª Autonómica Grupo 1,o Portazgo.
Como novidade no once azul, á volta o centro da zaga dun grande o mestre Carlos Cordido.
A alineación de Luis Eugenio foi a seguinte: Perilla, Luigi, Suso, Charly, Chiki, Peke, Alberto, Fernando, Jechu, Toñito e Miki. No banco, Rouco, Kike e Buján.
1-0, para os locais foi o resultado final. Comezaba o partido co Portazgo moi metido no encontro e querendo acadar gol o mais antes posible cousa que Perilla non permitiu con acertadas intervencións.
A medida que pasaban os minutos o Cire asentábase no campo e a pesares de non ter profundidade semellaba cómodo no campo.
Cando parecía que podería vir o tanto dos de Melide, nunha xogada aillada ó Portazgo lanza un balón a banda dereita que é aproveitado por Pablo Porto para engatillar dentro da área un gran disparo que se introduciu pola escadra a pesares de que foi tocado por Perillla.
Á volta do descanso o Cire seguiu traballando e intentando buscar o empate, andivo moi cerca nunha doble ocasión que os azuis marraron cando xa se cantaba o gol.
O Portazgo demostrou ser un conxunto moi aguerrido e loitador, e a pesares de quedarse cun home menos por expusión, dificultanba as xogadas creativas do Cire que tiña que buscar balóns longos, con pouco éxito. Co Cire volcado na búsqueda do empate poido chegar a sentencia do Portazgo en varias contras. Ó final os tres puntos quedaron no Carrizo e o Cire ocupa agora o terceiro posto pola cola e recibe o domingo ó Victoria da Coruña, o pechacancelas da categoría a pesares de ser un equipo chamado a estar nos postos altos da liga.
O resultados da xornada confirman o xa sabido, liga moi igualada calquera gaña a calquera.
Ocupamos por primeira vez na tempada, e agardemos que sexa a últma, postos de descenso directo polo que hai que facer piña, conxurarse e entre a afición e a plantilla buscar a victoria contra estes mismos o domingo que vén en Melide, xuntos PODEMOS¡¡¡ Forza rapaces isto é unha carreira de fondo e acaba de comezar¡¡.
Coma nota triste do partido hai que reseñar a lesión de Suso Pampín ó recibir un cobadazo, partiu o nariz. O xoves será operado. Ánimo Suso e é mellor que te operen os médicos antes de que cha compoña Rouco, como el tiña pensado ;)
Crónica feita dende o blog do Portazgo picando aquí

viernes, 10 de octubre de 2008

jueves, 9 de octubre de 2008

miércoles, 8 de octubre de 2008

CIRE-BREXO LEMA 1-2
Na pasada tarde do domingo o Brexo Lema levouse os tres puntos do Municipal melidense.
Escomenzaba o partido moi ben para o Cire cun golazo de Peque despois de enganchar o balón na área cambresa e propinar un zapatazo por toda a escadra.
A mala fortuna fixo que un despiste entre Perilla (que volvía a portería despois da lesión) e Suso o aproveitase o Brexo para poñer a igualada no marcador.
Co empate a un chegouse ó descanso, o Cire non atopaba o seu xogo e pese a insistencia melidá o Brexo voltou aproveitar outro erro dos melidenses para levarse o encontro.
O vindeiro partido será no Carrizo, o campo do Portazgo, na Coruña, o domingo ás 16.30 h. Ánimo rapaces que esto acaba de empezar e queda moito¡¡¡
Pd: Está liga de 2ª Autonómica promete ser moi bonita debido a igualdade, o último clasificado que é o Arzúa está a unha victoria dos postos nobles, o dito mais igualdade imposible, por arriba o Olímpico non cede e o Imperátor tamén parece que vai en serio.

jueves, 2 de octubre de 2008

miércoles, 1 de octubre de 2008





BETANZOS "B" 3- CIRE MELIDE 2. 21/9/08


A cidade dos cabaleiros de fondo.

Partido disputado ás 12.15 da mañá

Foto fallida da alineación do Cire, primeiro sacoulles unha foto o fotógrafo do DéporSport, eu cheguei tarde.

O Cire nunca camiña só.

jueves, 25 de septiembre de 2008


Cando aprenderan que Mellid non existe.

martes, 9 de septiembre de 2008




RETRINCOS DOS XORNAIS DxT e DéporSport con relación ó primeiro partido de liga correspondente a Segunda Autonómica Grupo 1, CSD Arzúa-CF Cire Melide.

viernes, 1 de agosto de 2008



O calendario xuvenil sufriu modificacións, + info na páxina da , Federación Galega de Fútbol

martes, 3 de junio de 2008


ESPECIAL
Deixovos uns enlaces onde picando podedes ver o Especial que fixo o diario DxT-Campeón sobre o ascenso do CIRE:
Páxina 1
Páxina 2
Páxina 3
Páxina 4
Páxina 5

martes, 22 de abril de 2008





Gran victoria dos azuis o domingo en Melide, 4-0, ó Órdes-B, goles de Peque (2), Miki e Charly Cordido. Este sábado xógase o sábado en San Estevo de Abellá ás 17.00 h. Ánimo rapaces a pola victoria¡¡¡


Adicado a Carlos Coego -xogador dos veteranos-.
O lapsus de Santi, na páxina do Cire ó chamalo "Coedo" suscitou unhas risas o pasado sábado nas Cruces. Por certo gañamos 1-2 contra o Merza un equipo cun estilo de xogo transalpino total, os goles azuis foron de Pinche e Elier.
Coedo, Codeso, Nocello, Comedo, Codemo, Colego, etc etc
PD: foto do codeso.