martes, 30 de octubre de 2007

VINDEIROS PARTIDOS


Xoves 1 de Novembro.
INFANTÍS.- Ás 10.15 da mañán. CIRE MELIDE-Portazgo.
VETERANOS.- Ás 18.15 da tarde. CIRE MELIDE-Escayolas Piñán.
Sábado 3 de Novembro.
INFANTÍS.-Ás 10.30 da mañán. Unión Campestre-CIRE MELIDE.
XUVENÍS.- Ás 16.15 da tarde. Paiosaco-CIRE MELIDE.
VETERANOS.- Ás 16.30 da tarde. Portosín-CIRE MELIDE.
Domingo 4 de Novembro.
CADETES.- Ás 10.30 da mañán. CIRE MELIDE-Laracha. (debut)
SENIORS.- Ás 16.15 da tarde. CIRE MELIDE-Dorneda B.
VETERANOS. 3ª DIVISIÓN. Agrupación Veteranos de Santiago.
SENIORS. 3ª AUTÓNOMICA. Grupo IV. -Liga da Montaña-

XUVENÍS. 2ª AUTONÓMICA. Grupo II.

INFANTÍS.1ª AUTONÓMICA. Grupo II. Mariñas.
Recorte Dxt-Campéon: 30/10/07.

Este sábado en Boimorto coa tensión do derby só puiden tomar estas imaxes, non son moi boas, pero son as que hai:




jueves, 25 de octubre de 2007

Partidos para o fin de semana:
Infantís: E.D.A.Arzúa - C.F.Cire Melide. Sábado pola mañá.
Xuvenís: C.F.Cire Melide – Oza dos Ríos C.F.
Sábado ás 16.00 h no Campo Municipalde Melide.
3ª Autonómica: Boimorto C.F. – C.F. Cire Melide.
Sábado ás 19.30 h. Campo Municipal de Boimorto.
Veteranos: Comercial Santás(Vedra)-C.F.Cire Melide
Sábado ás 17.00 h. no Campo de San Pedro de Vilanova-Vedra.
Clasifcacións:
INFANTÍS

XUVENÍS

SENIORS


VETERANOS

miércoles, 24 de octubre de 2007

21-10-07. CIRE-ATL. PERILLO. 3-0.







Fotos cedidas por Alberto "Torito".
É imposible pasalo mal no banquillo con esta xente:
Camareroooooo, que?, una de pipas, una de pipas?, pipas pal pájaro....
Os xogadores mais mediáticos da primeira plantilla, Tarrío e Pájaro ollando no vestiario os balóns novos do Cire. Trátase de duas xoias de Adidas, o Etrusco do mundial de Italia 90 e o Tango de España 82. Duas edicións especiais de dous grandes esféricos. Está claro que xa non se fan cousas como os de antes.

martes, 16 de octubre de 2007


ENCROBAS-CIRE. 0-4. 14/10/2007.










sábado, 13 de octubre de 2007





XUVENÍS, C.F. CIRE DE MELIDE.

martes, 9 de octubre de 2007

HERE WE GO¡¡¡
CIRE-VILARMAIOR. 3-1. 7/10/20007.





Resultados e clasificacións:
Infantís: Cire-Cerceda. 6-3. Os rapaces de Rubén suben do 12º posto ó 10º. Tres victorias e tres derrotas nos seis partidos disputados. 18 goles a favor, 28 en contra. Este sábado xogarán en Laracha contra o séptimo clasificado. De ganares poderíanse colocar sextos xa que adiantarían ó propio Laracha e ó Arteixo que descansa. O Arzúa cun punto mais que o Cire recibe ó Portazgo.
Xuvenís: Larín-Cire. 1-5. Nova victoria do equipo noutro gran partido desta volta fora da casa. Houbo cambio de líder ó aproveitar o Cerceda o empate do Cecebre no feudo do Carral. O Cire está quinto empatado a 12 puntos co Marino e co Burgo (éste cun partido menos o descansar esta semana). Polo tanto son tres puntos os que separan ós pupilos de Quintás do primeiro posto ocupado polo Cerceda, que vai descansar esta próxima xornada.
En teoría este sábado teñen unha boa oportunidade de alcanzar a cabeza e empatar a puntos co líder xa que reciben a un rival cómodo, o Pastoriza, pero coma sempre non hai que fiarse. Tamén habería que contar con que o Cecebre non gañe na súa casa o Frisobnoble Cambre. Burgo-Oza e Marino-Dorneda B completan a xornada nos postos altos da táboa.
Seniors.Cire-Vilarmaior. 3-1.
Facía tempo que o Cire non ocupaba posicións de privilexio na táboa da Terceira Autónomica. Segundos,cun partido menos o equipo menos batido e o cuarto máximo goleador. Im-presionante. Os do palense Luis visitarán o pechacancelas Encrobas, que aínda non coñece a victoria, e agardarán a visita dentro de duas semanas do líder, Atlético Perillo.
Os perilláns sufriron mais do previsto para vencer pola mínima na súa visita a San Estevo de Abellá. 1-2. Cos dous goles dos das Mariñas in extremis. Un no `85 e o tanto decisivo no desconto. O Boimorto tampouco perde comba e derrotou a un sempre díficil Ordes-B no campo deste filial. O Vizoño-B gañou en Toques, 1-2 e a Ponte Carreira descansou.
Veteranos. Reboredo Brión-Cire. 4-2.
Non acompañou a sorte no segundo partido federado dos "mais maiores". A presenza no once de Manolito "Quillo" supuxo unha subida notable de calidade con respecto o primeiro partido. Eso sí, o arbitro non soubo cortar o xogo duro, e o noso "10" recibiu por tódolos lados. Cun 1-2 os quince minutos do segundo tempo, o partido semellaba encarrilado pero as decisións arbitrais e a mala sorte aliaronse para que sumaramos a segunda derrota consecutiva. Esta semana non hai liga e para a seguinte recibese na casa ó equipo de Camporrabado (Boqueixión), Hierros Diego, que estan cuartos despois de sumar duas victorias, conxuntamente con H.Verde de Vila de Cruces, C.Márquez e os debutantes, coma nós, Sograni Portosín que, como xa advertiamos, son claros favoritos o ascenso.
Clasificacións: Aquie vos quedan as dos Veteranos e Seniors
e escaneadas tedes a dos Infantís e Xuvenís. Picade para ampliar.
Chegou a redacción de "Prensa Cire" un recorte dun xornal dos anos sesenta, non sabemos a data con exactitude, onde reza o seguinte titular:
Mellid. C.I.R.E,10-Lalin C.F., 0., unha crónica do corresponsal "Fito" e unha fotografía onde figura entre outros o actual presidente do clube, J.C Pampín "Patiño" completan o artigo. Outra curiosidade, de primeiro dos agachados pola dereita vemos a Antonio Rúa "Peque" pai do actual xogador da primeira plantilla, Luis Rúa "Peke".

jueves, 4 de octubre de 2007

Partidos para este fin de semana:
Infantís: C.F.Cire Melide - C.C.D. Cerceda. Sábado ás 10.30 h. no Campo Municipal de Melide.
Xuvenís: C.D. Larín - C.F. Cire Melide.
3ª Autonómica: C.F. Cire Melide - A.D. Vilamaior. Domingo ás 16.30 h. no Campo Municipal de Melide.
Veteranos: Reboredo Brión - C.F. Cire Melide

martes, 2 de octubre de 2007

CLASIFICACIÓNS:
Veteranos: aquí
Seniors: aquí
Xuvenís e Infantís -pica enriba para agrandar as clasificacións-: