lunes, 13 de octubre de 2008


Mal fin de semana.
Xa comezaba mal o venres, xa que en partido amigable contra o C.C.D Curtis en Melide, os nosos xuvenís caían por 1-2.
O sábado era o turno dos Veteranos que viñan de gañar fora co Bergantiños e tocáballes xogar perante os Veteranos do Compostela, invictos na competición.
O resultado foi 0-3, engañoso a todas luces. Na primeira metade o único erro defensivo do equipo pagouse caro e foi aproveitado polos composteláns para abrir o marcador.
Balón longo á espalda da defensa, a zaga melidá reclama fóra de xogo, Conde (o sábado ocupando a portería) sae a por todas, non é quen de rabuñarlle a bola o dianterio branquiazul e este caseque a portería baleira marca, mazazo para o Cire, que estaba dominando pero non atopa a profundidade no seu xogo.
Á volta do descanso o Cire saíu a polo partido, cecais con demasiada ansia e con moita presa, o Compostela mantívose ben colocado e non pasou excesivos apuros, noutra xogada parva chegaba o 0-2 e xa co Cire volcado na área visitante veu o 0-3 nunha xogada individual dos foráneos.
A alineación de Carril foi a seguinte: Conde, Rallas, Benito , Rubén, Cea, Neira, Cuchi, Quillo, Madrileño, Ramoncito, e Emilio, tamén xogaron Elier, Carlos, Coego, Armando, Riki, Carlos Cristal, Cachitas, Marcial, Capi, Pinchi e Miguelito. Faltaban: José, Sito, Silva, Masi, Pezobre e Alberto. Para a semana partido contra o FINSA.
O domingo os Seniors viaxaban a terras de Culleredo para enfrontarse á relevación, ata o momento, na 2ª Autonómica Grupo 1,o Portazgo.
Como novidade no once azul, á volta o centro da zaga dun grande o mestre Carlos Cordido.
A alineación de Luis Eugenio foi a seguinte: Perilla, Luigi, Suso, Charly, Chiki, Peke, Alberto, Fernando, Jechu, Toñito e Miki. No banco, Rouco, Kike e Buján.
1-0, para os locais foi o resultado final. Comezaba o partido co Portazgo moi metido no encontro e querendo acadar gol o mais antes posible cousa que Perilla non permitiu con acertadas intervencións.
A medida que pasaban os minutos o Cire asentábase no campo e a pesares de non ter profundidade semellaba cómodo no campo.
Cando parecía que podería vir o tanto dos de Melide, nunha xogada aillada ó Portazgo lanza un balón a banda dereita que é aproveitado por Pablo Porto para engatillar dentro da área un gran disparo que se introduciu pola escadra a pesares de que foi tocado por Perillla.
Á volta do descanso o Cire seguiu traballando e intentando buscar o empate, andivo moi cerca nunha doble ocasión que os azuis marraron cando xa se cantaba o gol.
O Portazgo demostrou ser un conxunto moi aguerrido e loitador, e a pesares de quedarse cun home menos por expusión, dificultanba as xogadas creativas do Cire que tiña que buscar balóns longos, con pouco éxito. Co Cire volcado na búsqueda do empate poido chegar a sentencia do Portazgo en varias contras. Ó final os tres puntos quedaron no Carrizo e o Cire ocupa agora o terceiro posto pola cola e recibe o domingo ó Victoria da Coruña, o pechacancelas da categoría a pesares de ser un equipo chamado a estar nos postos altos da liga.
O resultados da xornada confirman o xa sabido, liga moi igualada calquera gaña a calquera.
Ocupamos por primeira vez na tempada, e agardemos que sexa a últma, postos de descenso directo polo que hai que facer piña, conxurarse e entre a afición e a plantilla buscar a victoria contra estes mismos o domingo que vén en Melide, xuntos PODEMOS¡¡¡ Forza rapaces isto é unha carreira de fondo e acaba de comezar¡¡.
Coma nota triste do partido hai que reseñar a lesión de Suso Pampín ó recibir un cobadazo, partiu o nariz. O xoves será operado. Ánimo Suso e é mellor que te operen os médicos antes de que cha compoña Rouco, como el tiña pensado ;)
Crónica feita dende o blog do Portazgo picando aquí

No hay comentarios: