lunes, 25 de febrero de 2008


Cuando el balón no quiere entrar.....
Onte domingo o Cire plasmou un gran partido sobor da area do campo do Perillo na urbanización Icaria de Oleiros, pero as deusas da fortuna non estiveron con nos. O Cire fixo un encontro moi serio e saíu polo partido dende o primeiro minuto, non tardarían en chegar as ocasións de Miki, Jechu e Mark entre outros, pero a mala sorte, o porteiro rival (fixo un partidazo) e o longueiro impediron que sumasemos algún tanto. Na segunda metade tamén gozamos de boas oportunidades, dende un rexeite dun defensa perillán dende a mesma liña de meta ata un penal que errou Jechu. O Atlético Perillo gozou da súa ocasión mais clara cando dispuxo dunha pena máxima despois de que o sol lle xogase unha mala pasada a Charly.
Ó final reparto de puntos e a Ponte amplia a cinco a súa ventaxa. Para a semana visita Melide o terceiro clasificado, o Boimorto, o cal lle levamos cinco puntos e temos un partido menos.
O Cire é o equipo menos goleado da categoría (ex-equo coa PonteCarreira), e no que vai de segunda volta só encaixou un tanto. Ánimo rapaces que aínda queda moita liga¡¡¡¡
A alineación foi: Perilla, Luigi, Suso, Charly, Chiqui, Tarrío, Mateo, Fernando, Miki, Jechu e Marck. Saíron na segunda parte: Nacho Pistón e Miguito.
Os xuvenís, moi mermados polas baixas, sucumbiron no feudo do Pastoriza.
Os cadetes golearon o domingo pola mañán á Unión Campestre de Montrove.
Os infantís non poideron traer nada do difícil e grane de dimensións, campo do Arteixo.
E os veteranos empataron a tres tantos, despois de ir gañando 0-3 ós dez minutos de encontro, aínda así seguen en postos de ascenso xa que pincharon os seus perseguidores.

No hay comentarios: