martes, 1 de abril de 2008



Este pasado domingo o Cire de Melide escribiu unha das páxinas máis épicas dos últimos anos da súa historia.
Xogaban os de Melide co líder do grupo IV da 3ª Autonómica, a S.D. Ponte Carreira de Frades que os aventaxaba en catro puntos. E o encontro escomenzou mal para os azuis xa que a Ponte adiantaríase nos primeiros minutos cunha gran xogada individual do seu dianteiro, revolvendose moi ben na área e poñendo o balón lonxe do alcance do gardarredes Perilla. O tanto carreirés era un xerro de auga frío para as aspiracións melidáns que saltou o campo da Chousa atenazado polos nervios. Pero a medida que pasaban os minutos o Cire asentouse no campo e nunha xogada marabillosa de tiraliñas entre Miki, Marck e Jechu acadabase o empate. O Cire non se conformou e seguiu atacando con moita moral, víase que logo iba chegar o segundo. E así foi, nunha xogada individual pola banda esquerda "marca de la casa" de Jechu, canea a varios rivais e frenano na área comenténdolle penalty. O encargado de tirar e transformar a pena máxima foi Fernando. Co 2-1 chegouse o descanso, o partido era dos de antes de moita pelexa no campo e tamén era dos antes no que son as bancadas xa que varios afeccionados fradenses increparon o árbitro e os linieres o remate dos primeiros cuarenta e cinco minutos, tendo incluso que vir a Benémerita. Ó pouco da reanudación veu a xogada desgraciada para o Cire, o nº 10 da PonteCarreria pisa o noso porteiro que reacciona a provocación e é expulsado. Xusto o que o xogador de Frades quería. O panorama vislumbrabase moi negro, xa que tiñamos que xogar toda a segunda parte con dez e sen porteiro suplente, pero ahí foi onde emerxon duas figuras, Fernando ("o gato de Orois") que fixo unha actuación sublime baixo os paus e todo o EQUIPO que estivo moi concentrado e o deixou todo no campo. Despois da expulsión Jechu dispuxo dunha moi boa ocasión que se foi o pau, non entrou, e tocaba sufrir, e sufrimos, con desconto de sete minutos incluído pero ó final gañamos. E a verdade que estes son partidos que fan afección, unha afección que non fallou e acudiu en masa a presenciar o partido e que animou moi ben e levou o equipo en volandas. Moitas gracias por vir¡¡¡, agora a diferencia para acadar o ansiado ascenso é de un punto a falta de cinco xornadas. Quen esteña mais concentrado e teña mais sorte será o que remate primeiro, porque está claro que xunto co Boimorto, a Ponte e o Cire son os mellores equipos desta liga e os mais regulares.
Os partidos que restan son: Cire-Mesía, Sobrado-Cire, Cire-Ordes "B", San Estevo de Abellá-Cire e Cire-Visantoña.
A Ponte quédanlle: Toques-PonteCarreira, PonteCarreira-Oza dos Ríos, Poulo-PonteCarreira, PonteCarreira-Vizoño, e Vilarmaior-PonteCarreira.
No resto de categorías, os Infantís empataron e seguen magnificamente clasificados cun punto de ventaxa sobre o Arzúa, os Cadetes descansaron e estan a un punto de xogar a liguilla de ascenso a Liga Galega Cadete, os xuvenís perderon co Burgo e seguen lonxe dos postos de ascenso, e para rematar os Veteranos colleitaron o cuarto empate consecutivo desta volta no campo do Lamela (Silleda), a un tanto.
Os "mais maiores" están a dous puntos do ascenso a Segunda División.

1 comentario:

BRIGADAS AZUIS dijo...

FORZA CIRE!!!!!A POLO ASCENSO!!!!
Agora non se pode fallar.