miércoles, 22 de febrero de 2017

Fin de seman 25 26 febreiro.

Coincidindo co Antroido descansa varias categorías, este é o planning. Forza Cire ¡¡¡

Aevíns 16/17

OS NOSOS ALEVÍNS, "A" e "B" no partido de volta. Tempada 16/17

Cadetes : Cire-Val do Ulla


Colabroación da Canteira no Video clip da "gramola gominola·"

VIDEOCLIP "CAMPIÓN INTERNACIONAL" A GRAMOLA GOMINOLA Por fin ESTREA deste noso primeiro VIDEOCLIP!!!!!! AXUDÁDESNOS A DIFUNDILO? Grazas mil!! ;-) Imos a #Melide, ao CEIP Mestre Barral a presentalo. Sempre agradecidos e moi felices de compartir hoxe este día cos cativos e cativas que formaron parte connosco desta rodaxe, precisamente no seu cole, e convosco polo menos de xeito virtual. Grazas a Imaxina Estudio Fotográfico e MEROAFONSO comunicación audiovisual y fotografía que andiveron pola dirección e producción, a tódolos rapaces e rapazas das Escolas Deportivas do CIRE de Melide que tamén participaron, e por suposto á Agxpt Xogos Tradicionais por poñer a disposición esa cantidade de xogos cos que tanto disfrutamos. E veredes tamén unhas escenas pola Casa Curros de Visantoña, espectacular! Botade unha ollada a este "Campión Internacional", incluido no noso primeiro libro-cd editado por Editorial Galaxia Sonárbore.......e a xogar rapazada!!!!!! E tamén andaremos pola A Revista da TVG!!

jueves, 27 de agosto de 2009

XOVES 27 DE AGOSTO
11.00 h.- ADEGA O LAR-CAFETERÍA SOLAINA
12.00 h.- ARZÚA-BIG BEN

miércoles, 12 de agosto de 2009

CALENDARIO SEGUNDA FASE TORNEO FÚTBOL SALA AGOSTO 09

lunes, 27 de julio de 2009

AGOSTO`09 XXIX TORNEO FÚTBOL SALA "CONCELLO DE MELIDE"

miércoles, 21 de enero de 2009


Olímpico 3-Cire 0.

jueves, 18 de diciembre de 2008


Un gran equipo, aló mediados os anos noventa, o Cire federase na categoría de Cadetes xuntando un bo plantel adestrado primeiro, polo sempre querido, Javier Pampín "Way" e despois por Paco do Marta.
Na foto de esquerda a dereita: Masi, Chiqui, Popas, Mario, Paco (adestrador), Capi, Javi, Miki e Sesar.
Abaixo: Juán Orois, Ruchi, Gabito Del Piero, José Costoya, Cachitas, Tarrío, Mika e Manolo Blanco.
No primeiro ano, subcampións cadetes, no seguinte campións cadetes, no seguinte subcampións xuvenís.... etc etc.
PD: Nesta foto faltan moitos xogadores daquel tempo: Julián, Foca, Zalito, Pavero, Riki, Fidel, Cebolo, Batería, Ramoncito, Chucho, Canijo, Cordido etc

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Victoria na "Porta Santa"

Este pasado domingo o Cire de Modestos viaxaba ó difícil feudo do Paiosaco, é demostrou que é un equipo que se medrou diante da adversidade.
Só viaxaron 13 xogadores, entre eles os dous porteiros e o xuvenil Borja Pérez.
Ós poucos minutos de xogo Popitas adiantaba ós azuis cruzándolle o balón ó porteiro local despois dun bon pase de Jechu. Ó Cire comportouse en todo momento como un equipo e aguantou, unhas veces con mais apuros que outras, as acometidas do Peisaco.
Bon traballo dos centrais inapelables no xogo aéreo e de Carlos Sesar que tivo grandes intervencións na portería na primeira metade.
No segundo tempo o Cire poido matar á contra en varias ocasións pero o gol da tranquilidade non daba chegado, e o Paiosaco seguía atacando e provocando córners, nesta segunda parte Perilla sacou un par de balóns imposibles, provocando a admiración dos rapaces que estaban detrás da portería do Cire.
Á postre, tres puntos moi importantes a domicilio perante un rival que ocupa a parte noble da táboa.
Destacar o esforzo dos trece xogadores que viaxaron e que o deron todo no campo e tamén por suposto á afición incansable que sempre nos acompaña.
Como nota negativa a lesión de Popitas que o vai ter apartado dos terreos alomenos esta semana.
Este domingo, ás 16.30 h. visita o Municipal de Melide o quinto clasificado, o Carral.
Cos resultados desta xornada a parte baixa da táboa aprétase cada vez mais,
10º: Betanzos .- 17 puntos.
11º: Portazgo .- 15 puntos (dous partidos menos)
12º: Marino .- 14 puntos
13º: Arzúa .- 14 puntos
14º: Queixas .- 14 puntos
15º: Brexo Lema.- 14 puntos
16º: PonteCarreira 13 puntos
17º: Silva 12 puntos (un partido menos)
18ª: Cire Melide 11 puntos

Ánimo rapaces seguide traballando que podedes, YES WE CAN ¡¡¡¡
No resto das categorías, Infantís e Benxamíns perdían, Xuvenís gañaban 4-1 ó Obrero de Oleiros (Ribadulla e Hatt-Trick de Borja Casal). Noraboa ¡¡¡

viernes, 5 de diciembre de 2008

CLASIFICACIÓNS, FÚTBOL BASE.

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Non poido ser, ó pasado domingo o Marino de Mera sen facer nada doutro "xoves" levóuse os tres puntos do Municipal de Melide ó gañar 0-2. Non foi a mellor tarde do cadro local que creou pouco perigo ante á portería visitante. Aínda así outro "autogol" melidense (e xa van demasiados) puxo ó conxunto meracho por riba no electrónico, o segundo viría despois de que os de Mera arpoveitaran un rexeite dun disparo raso que non foi quén de deter o gardaredes Perilla. Está claro que despois de tres meses de competición ó Cire aínda non se adaptou á categoría.
Hai que continuar loitando, erguerse, coller folgos e ánimo que aínda queda moita moita liga e estamos a dous partidos gañados de saír dos postos de descenso, este domingo o equipo xoga contra ó Paiosaco, no seu feudo, "A Porta Santa".
Forza rapaces a gañar, hai que seguir pelexando con orgullo melidán¡¡¡
Ó resto da xornada seguiu a tónica de malos resultados e tan só os xuvenís foron quén de sacar algo positivo no campo do Larín ó empatar (2-2).
Resultados:
BENXAMÍNS: U.D Xuvenil de Almeiras 4 – 0 Cire 0
INFANTÍS: Betanzos 13 – 1 Cire
CADETES Cire-Portazgo (aprazado por neve)
XUVENÍS: Larin 2 – 2 Cire
SENIORS: Cire 0-Marino 2
VETERANOS: Cire 2 – 3 C. Marquez
Entrevista a Luis Eugenio Mato, adestrador do Cire no xornal herculino Dépor Sport.

O Depor Sport do pasado venres 28 de novembro fai as mesmas preguntas ós técnicos do Silva, Pontecarreira, Cire e Marino, equipos que ocupaban os postos de descenso da Segunda Autonómica Grupo 1.

viernes, 28 de noviembre de 2008

CLASIFICACIÓNS

Seniors, Xuvenís, Cadetes, Infantís, Benxamíns e Veteranos, pica enriba para ampliar.

miércoles, 26 de noviembre de 2008


Non poido ser, despois do empate a douses contra o Queixas, o Cire non foi quen de gañar en Larín (Arteixo) e caía 3 a 1.
Adiantábanse os locais ós poucos minutos de xogo nun córner, barullo na área e Cristian aproveitao. A partir de ahí o Cire empeza a dominar o encontro con ocasións que non materializa, así se chegou ó descanso.
Na reanudación, Ramón Camiño avisa cun disparo ó traveseiro, á segunda foi a vencida e conseguía o empate a un. Quedaba media hora de xogo, o Larin soubo xogar (de novo) mellor eses minutos e levouse o partido, 3-1.
Somos os pechacancelas da clasificación empatados a puntos, precisamente, co rival que nos visita este domingo, o Marino de Mera.
Hai que levantar ó ánimo para conseguir estes tres puntos, dende logo vitais.
FORZA RAPACES QUE VOS PODEDES ¡¡¡¡
Ó resto da xornada non foi moito mellor, tan só os veteranos conseguiron a victoria.
Cire Benxamín 0 – 4 Marino de Mera.
Cire Infantil 2 – 5 Olímpico de Rutis.
Arzúa 5 – 3 Cire Cadete
Cire Xuvenil – Descansou.
Trazo 2 – 3 Cire Veteranos.
O mesmo para o resto das categorías, ánimo rapaces hai que seguir loitando ¡¡¡


CADETES O DOMINGO EN ARZÚA.

viernes, 21 de noviembre de 2008

Partidos para esta fin de semana:
SABADO 22/11/2008:
CIRE INFANTIL - OLIMPICO - 10:30 - Municipal de Melide
CIRE BENXAMIN - MARINO - 12:00 - Municipal de Melide

TRAZO - CIRE VETERANOS - 18:00 - TRAZO
DOMINGO 23/11/2008
ARZUA - CIRE CADETE - 10:30 - ARZÚA
LARIN - CIRE SENIORS - 16 :15 - LARIN (ARTEIXO)

Dende este blog e dende a familia do clube Cire de Melide ó igual que o o blog do CSD Arzúaquerémoslle mandar unha forte e cariñosa aperta nestes difícis momentos e darlle o mais sentido pésame ó noso xogador da primeira plantilla Luis Rúa, "Peke" e a toda a súa familia. Ánimo Peke, o domingo dedicarémosche a victoria.

jueves, 20 de noviembre de 2008


Clasificacións

viernes, 14 de noviembre de 2008


Clasificacións dos Xuvenís, Infantís e Benxamíns.

O pasado sábado no campo da universidade de Elviña, o Sporting Universidade foi moi superior ós nosos seniors. Destacaron no equipo herculino os xogadores con relación con Melide, Bam-Bam e Jesús Puga "Chechu"(primo dos xogadores do primeiro plantel Miki e Carlos Sesar).
Peque xa lles amenazou en pleno partido con "cortarlles a fronteira" nos Condes pero tan só lle sacou un sorriso a Chechu, un mediocampista impresionante.
Chechu militou os últimos anos en Primeira Rexional, no Orillamar e a verdade é que se nota. Vaia portento¡¡¡
Bam-Bam (ou Bambi) foi o encargado de abrir a lata e fixoo de maneira espectacular ó levarse a medio equipo melidense e sacar dende a frontal un tiro axustadiño o pau esquerdo da meta de Perilla.
Gran equipo o da Universidade que de manter a estes xogadores e claro candidato ó ascenso que case acadan o ano pasado e que se levou o Mesón do Bento.
Noraboa a estes dous xogadores con raíces en Melide.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

Reportaxe que lle adicaron o noso clube, o C.F. Cire de Melide, no xornal deportivo herculino, DéporSport o pasado xoves 6 de novembro de 2008.

martes, 11 de noviembre de 2008

Non foi dos mellores fin de semana, o da pasada xornada. O sábado perdían na casa os Infantís, que debutaban, 1-5 contra o Portazgo, e os Benxamíns, no seu primeiro ano como federados, facían o mesmo por 1-9 diante do Raio Sadense. Pola tarde, no campo do Carrizo, os xuvenís non daban traído nada positivo o caer por 2-1 diante do Portazgo. A mesma hora no estadio universitario de Elviña, o Cire senior -despois da goelada ó PonteCarreira- atopouse diante dun dos mellores equipos da categoría, o Sporting Universidade que gañaba o partido claramente por un 5-0.
Salvaron a honra do Cire esta xornada os Veteranos ó vencer a domicilio ó Stradivarius Brión por 1-3, goles de Miguelito, Elier e Neira.
Partidos para esta fin de semana :
Benxamíns: Atlético Arteixo - Cire Melide.
Infantís: Órdenes - Cire Melide. Sábado ás 10.30 h. en Vista Alegre (Órdes):
Xuvenís: Cire Melide - Once Caballeros. Sábado ás 16.15 no Municipal de Melide.
Seniors: Cire Melide - S.C.R.D O Burgo. Domingo ás 16.15 no Municipal de Melide.
Veteranos: H.Verde Vila de Cruces - Cire Melide. Sábado ás 18.15 no Muncipal do Viso en Arzúa.

sábado, 8 de noviembre de 2008

INFANTÍS
De esquerda a dereita, de pé: Rubén Lodeiro(adestrador), Tomás, Pucha, Dani, Naco, Brais "Sabito", Javi "Chavello" e Antonio.
Anicados: Emilio, Cristian, Raúl, Dani Rubio, Yago, Cristian, Andrés e Óscar.
Compiten na Primeira Autonómica Grupo 2, xogarán contra o Atlético Arteixo, Atlético San Pedro, Marino de Mera, Laracha, Sp.Cambre, EDA Arzúa, Portazog S.D, Betanzos e Órdes.

jueves, 30 de octubre de 2008



Mala xornada a pasada para o Cire. Tan só os xuvenís, no primeiro partido da tempada, conseguín a victoria en terras de Cambre. A falta dunha crónica dicir entre outros datos, que Miki detivo un penalti e que o gol foi obra de Borja Casal.
Xogan este sábado ás 12 da mañá contra o Dorneda en Melide.
Os benxamíns perdían contra o Ordes na casa por un 4 a 6.
Os veteranos caían tamén no municipal melidense por un claro 0-2 co Cercio e os Seniors saían derrotados da súa visita a terras herculinas despois de enfrontarse ó Silva. A ver se temos mais sorte esta fin de semana¡¡¡ FORZA CIRE¡¡¡¡