miércoles, 3 de diciembre de 2008

Non poido ser, ó pasado domingo o Marino de Mera sen facer nada doutro "xoves" levóuse os tres puntos do Municipal de Melide ó gañar 0-2. Non foi a mellor tarde do cadro local que creou pouco perigo ante á portería visitante. Aínda así outro "autogol" melidense (e xa van demasiados) puxo ó conxunto meracho por riba no electrónico, o segundo viría despois de que os de Mera arpoveitaran un rexeite dun disparo raso que non foi quén de deter o gardaredes Perilla. Está claro que despois de tres meses de competición ó Cire aínda non se adaptou á categoría.
Hai que continuar loitando, erguerse, coller folgos e ánimo que aínda queda moita moita liga e estamos a dous partidos gañados de saír dos postos de descenso, este domingo o equipo xoga contra ó Paiosaco, no seu feudo, "A Porta Santa".
Forza rapaces a gañar, hai que seguir pelexando con orgullo melidán¡¡¡
Ó resto da xornada seguiu a tónica de malos resultados e tan só os xuvenís foron quén de sacar algo positivo no campo do Larín ó empatar (2-2).
Resultados:
BENXAMÍNS: U.D Xuvenil de Almeiras 4 – 0 Cire 0
INFANTÍS: Betanzos 13 – 1 Cire
CADETES Cire-Portazgo (aprazado por neve)
XUVENÍS: Larin 2 – 2 Cire
SENIORS: Cire 0-Marino 2
VETERANOS: Cire 2 – 3 C. Marquez

5 comentarios:

DEPORTE MELIDENSE. dijo...

Animo, é cuestion de tempo e traballo.
Animadevos e arriba.
Un saudo.

ruben dijo...

mentres a xente non se conciencie de q hai q ir adestrar non hai nada q facer

ruben dijo...

o q non pode ser e q chegue o adestrador e so esten 4 persoas e unha delas nin tan sequera e do plantel

rikimelide dijo...

o que di rubén é unha gran verdá

ruben dijo...

o blog q facia santi está de volta, agora fago eu o q podo. Lodeiro