lunes, 11 de febrero de 2008


Arriba; Luigi, Perilla,Tarrío(capitán),Miki, Charly e Pájaro.
Abaixo: Fernando, Peque,Mateo, Jechu e Chiqui.
10/2/2008. VILARMAIOR-CIRE. 0-2.
Partido moi duro no que o Cire saíu moi concentrado no que tiña que facer,ós vinte minutos a fé nun balón solto que buscou Peque deixoulle o balón morto a Jechu na área que rematou o balón de xeito mordido e batiu o porteiro local.
Na segunda metade veu un momento desgraciado cando Peque loitando por outro balón na área vilarmaioresa desequilibrouse e caeulle o porterio enriba do xeonllo, ten un forte golpe, non ten nada roto, pero precisa reposo. Foi sustituido por Nacho Pistón que cuallou unha grande actuación e foi el quen levou a tranquilidade o marcador o anotar o segundo despois dunha gran xogada individual na área. Gran partido de todo o EQUIPO que loitou con corazón e con cabeza e que non escatimou esforzos a pesares das doenzas varias de algúns xogadores. A semana que vén visitanos o Encrobas nun partido no que teremos bastantes baixas.
Números:
Estamos a tres puntos da Ponte e levamoslle cinco ó Boimorto, só encaixamos un gol no que vai de segunda volta e metimos once. Gañamos tres partidos consecutivos fóra por 0-2 (Toques, Poulo e Vilarmaior). Jechu xa leva 17 goles.... e o que queda¡¡¡
Foto do partido:

O vestiario no descanso.

No hay comentarios: