martes, 9 de octubre de 2007
Resultados e clasificacións:
Infantís: Cire-Cerceda. 6-3. Os rapaces de Rubén suben do 12º posto ó 10º. Tres victorias e tres derrotas nos seis partidos disputados. 18 goles a favor, 28 en contra. Este sábado xogarán en Laracha contra o séptimo clasificado. De ganares poderíanse colocar sextos xa que adiantarían ó propio Laracha e ó Arteixo que descansa. O Arzúa cun punto mais que o Cire recibe ó Portazgo.
Xuvenís: Larín-Cire. 1-5. Nova victoria do equipo noutro gran partido desta volta fora da casa. Houbo cambio de líder ó aproveitar o Cerceda o empate do Cecebre no feudo do Carral. O Cire está quinto empatado a 12 puntos co Marino e co Burgo (éste cun partido menos o descansar esta semana). Polo tanto son tres puntos os que separan ós pupilos de Quintás do primeiro posto ocupado polo Cerceda, que vai descansar esta próxima xornada.
En teoría este sábado teñen unha boa oportunidade de alcanzar a cabeza e empatar a puntos co líder xa que reciben a un rival cómodo, o Pastoriza, pero coma sempre non hai que fiarse. Tamén habería que contar con que o Cecebre non gañe na súa casa o Frisobnoble Cambre. Burgo-Oza e Marino-Dorneda B completan a xornada nos postos altos da táboa.
Seniors.Cire-Vilarmaior. 3-1.
Facía tempo que o Cire non ocupaba posicións de privilexio na táboa da Terceira Autónomica. Segundos,cun partido menos o equipo menos batido e o cuarto máximo goleador. Im-presionante. Os do palense Luis visitarán o pechacancelas Encrobas, que aínda non coñece a victoria, e agardarán a visita dentro de duas semanas do líder, Atlético Perillo.
Os perilláns sufriron mais do previsto para vencer pola mínima na súa visita a San Estevo de Abellá. 1-2. Cos dous goles dos das Mariñas in extremis. Un no `85 e o tanto decisivo no desconto. O Boimorto tampouco perde comba e derrotou a un sempre díficil Ordes-B no campo deste filial. O Vizoño-B gañou en Toques, 1-2 e a Ponte Carreira descansou.
Veteranos. Reboredo Brión-Cire. 4-2.
Non acompañou a sorte no segundo partido federado dos "mais maiores". A presenza no once de Manolito "Quillo" supuxo unha subida notable de calidade con respecto o primeiro partido. Eso sí, o arbitro non soubo cortar o xogo duro, e o noso "10" recibiu por tódolos lados. Cun 1-2 os quince minutos do segundo tempo, o partido semellaba encarrilado pero as decisións arbitrais e a mala sorte aliaronse para que sumaramos a segunda derrota consecutiva. Esta semana non hai liga e para a seguinte recibese na casa ó equipo de Camporrabado (Boqueixión), Hierros Diego, que estan cuartos despois de sumar duas victorias, conxuntamente con H.Verde de Vila de Cruces, C.Márquez e os debutantes, coma nós, Sograni Portosín que, como xa advertiamos, son claros favoritos o ascenso.
Clasificacións: Aquie vos quedan as dos Veteranos e Seniors
e escaneadas tedes a dos Infantís e Xuvenís. Picade para ampliar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Moi boas, decir que esa clasificacion ten unha pequena errata xa que na paxina da federacion o partido da anterior xornada Lubre-Frisonoble reflexa un 2 a 1 para os locais mentres que o xornal deu 1 - 1. E decir o Lubre teria dous puntos máis e o Frisonoble 1 menos. Un saudo e forza Cire
Publicar un comentario